Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 909

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 43/2003, do 23 de xaneiro, polo que se dispón que cese Juan José Martín Álvarez como director xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Juan José Martín Álvarez como director xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local