Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 905

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 28/2003, do 23 de xaneiro, polo que se dispón que cese Jesús Mª Gamallo Aller como secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Aprobado o Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 4, alínea 13 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Jesús Mª Gamallo Aller como secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública