Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, polo que se sinala o lugar, a data e a hora, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2003, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 31 de xaneiro de 2003, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 9.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para tal efecto poderán utilizar textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal