Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 872

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, levada a efecto pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B)

Acceso libre

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEX.1ªEX.2ºEX.3ºEX.4ºCONCURSONOTA FINAL

13166967-LBARRIUSOBREAMARIA ISABEL15,4215EXENTA5,77036,19

32825497-NDE LA VEGAGANDARASFELIPE15,5915EXENTO5,29035,88

34993439-CPEREZGONZALEZSUSANA13,5516EXENTA6,06035,61

52483576-ZRODRIGUEZCARRALREBECA13,2213,50EXENTA7,29034,01

32817223-HCARRIONRODRIGUEZCRISTINA10,6710EXENTA5025,67