Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de material de cobertura cirúrxica para un só uso (C.P. 23/2002).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense, Dirección de Recursos Económicos, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52. E-32005-Ourense. Teléfono 988 38 59 49. Fax 988 38 58 49.

b) Número de expediente: C.P. 23/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de cobertura cirúrxica para un só uso.

b) Número de unidades que se entregarán: as indicadas no punto 8.2.2 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lotes: 7. Posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario de Ourense.

e) Prazo de entrega: ver punto 7.2 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 503.678,38 A, IVE incluído.

5. Garantías esixidas: provisional: o importe indicado no punto 10 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares para o lote/s ós que concorra. Definitiva: 4% do orzamento base de licitación dos lote/s adxudicado/s.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: ver punto 1 deste anuncio.

b) Data límite de obtención de documentos: o día en que remate o prazo de presentación de ofertas, en días hábiles de 9 a 14 horas, agás sábados.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: ver puntos 16 e 17 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 17 de febreiro de 2003, ata as 14 horas. Cando o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguiente día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de administración e consultas externas-planta baixa. 32005 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si. Ver punto 6 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Data, hora e lugar de apertura: 28 de febreiro de 2003; 9 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

10. Outras informacións.

a) Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

b) Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Criterios de adxudicación: ver punto 11 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lingua na que debe figura-la documentación que se presente: castelán ou galego.

e) Prazo de execución: ver punto 7.1 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

g) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

11. Gastos de anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será a cargo do/s adxudicatario/s.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 26 de decembro de 2002.

13. Páxina web onde se poden consulta-los pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 17 de decembro de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense