Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente P-121/2002 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 26 de novembro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-121/2002.

Denunciado: Hidroeléctrica del Bierzo, S.A.

DNI: A-24084139.

Enderezo: r/ Conde de Gaitanes, nº 2, Ponferrada, León.

Feito denunciado: non conservar en bon estado de funcionamento as reixas da entrada do canle de derivación da minicentral, ó telas levantadas por encima da superficie da auga, anulando así o cumprimento da sua función. Feitos constatados o día 18 de maio de 2002, ás 13.45 h na minicentral Castro, río Navia (Hortas). Becerreá. Lugo.

Precepto sancionador: 34.31º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.