Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de decembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Manzano Barriga, Alfonso F.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se aproba o procedemento para a realización de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de decembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Manzano Barriga, Alfonso F.

DNI: 8820666-M.

Domicilio: R/ Pablo Iglesias, 22-2º A, Vigo.

Procedemento: acordo da Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo.

Liquidación de xuros expediente de devolución de taxas.