Ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, e segundo o disposto no artigo 31.3º do Decreto 63/2002, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria, trala proposta do consello regulador electo en pleno, e consonte coas atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Desígnase presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia a Julio Gómez Fernández.
Artigo 2º
Desígnase vicepresidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia a Manuel Cid Quintas.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural