Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais.

Por medio de acordo plenario do 28-11-2002 deuse aprobación definitiva, conforme o informe vinculante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á modificación puntual nº 10 das normas subsidiarias municipais; tal modificación puntual consiste en engadir un novo artigo 75, que regula a ordenanza especial de sistemas xerais e equipamentos.

Contra este acordo, que é definitivo pero non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes ante o órgano que o dictou; tamén se poderá interpoñer, de forma non simultánea co anterior, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó desta publicación (ou, se é o caso, da notificación da resolución do recurso de reposición potestativo), na forma prevista no artigo 45 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa;

se se opta polo recurso de reposición e este non fose resolto e notificado expresamente no prazo dun mes, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo sería de seis meses. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Irixoa, 11 de decembro de 2002.

Juan Pérez Díaz

Alcalde