Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/458-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: M. de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. xral. Salvaterra-Salceda e L.M.T. Salvat.-Casal.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor R.H.V., en dous tramos: tramo I-xeral Salvaterra-Salceda, de 975 m de lonxitude, desde a L.M.T. na rúa Dous ata a torre metálica C/4500/22 da L.M.T. Salvaterra-Salceda. Tramo II-xral. Salvaterra-Casal-Alxán, de 283 m de lonxitude, desde unha arqueta existente na rúa Dous ata o apoio existente na avda. de Ponteareas. Concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra