De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tribu
taria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible facela por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se atopan pendentes de notificar os actos dos que o interesado, número de expediente e procedemento se especifican.
En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no lugar que para cada un se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 11 de decembro de 2002.
Dolores Sánchez Rodríguez
Xefa da Dependencia Rexional de Inspección
de Galicia
ANEXO
Interesado: Transitaria de Alimentación, S.L.
NIF: B-36871176.
Procedemento: requirimento modelo 180/2001.
Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).
Lugar de comparecencia: AEAT Galicia, URGGE. R/ Comandante Fontanes, 10-5º, 15003 A Coruña.