Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: traballos de roza de maleza nas marxes da rede viaria provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 430.451,58 euros.

4. Prazo de execución: 9 meses.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d).

9. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 9, do 13 de xaneiro de 2003.

Lugo, 13 de xaneiro de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo