Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de suspensión de licencias no ámbito do sistema xeral portuario.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o 28 de novembro de 2002, acordou o seguinte:

«1. O Pleno Municipal do Concello de Sada, de conformidade co establecido no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e co fin de estudia-la reforma das NN.SS.MM., acorda a suspensión, para tódolos usos, do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona do ámbito de aplicación do sistema xeral portuario.

2. Esta suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano.

3. O devandito acordo publicarase no BOP e no DOG, así como nun dos xornais de maior difusión».

Contra o devandito acordo plenario, que é definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, DOG ou no xornal El Ideal Gallego perante o Pleno do Concello de Sada, ou ben poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa última publicación nos medios citados anteriormente.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto.

En tal caso o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou desde o que deba entenderse presuntamente desestimado.

No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición -polo transcurso do prazo máximo dun mes desde a súa interposición, sen que se resolvera nin notificara o prazo para interpor recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderá interpor calquera outro que estime pertinente.

Sada, 5 de decembro de 2002.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde