Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-75/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona, a resolución dictada no expediente en data 29-11-2002, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 12 de decembro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-75/2002-PO.

Denunciado: José Rodríguez Gómez.

Último enderezo coñecido: Rúa Xanteira, 6-B Vigo.

Feito denunciado: carecer do certificado de inscrición do remolque no rexistro de vehículos para transporte de animais vivos.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.4º do Decreto 4-2-1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 100 euros.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS