Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (88/2002-E).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Corcubión, fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de xuízo verbal número 88/2002, seguidos por instancia de Marina Capelo Esparís, contra José Llamas Pereira, María Alcira Suárez Costa, José Ramos Martínez e herdeiros descoñecidos e incertos de Purificación Rojo Torrado figura dictada a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Corcubión o 23 de novembro de 2002.

Visto por Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta localidade, os autos de xuízo verbal número 88, sobre exercicio da acción prevista no artigo 41 da Lei hipotecaria, promovido por Marina Capelo Esparís, representada polo procurador Juan Manuel Leis Rial e asistida polo letrado Juan Ríos Molina contra José Llamas Pereira e contra María Alcira Suárez Costa, ambos representados polo procurador José Antonio García Rodríguez e asistidos polo letrado Antonio Platas Tasende, contra José Ramos Martínez, en situación procesual de rebeldía, e contra Purificación Rojo Torrado, falecida durante a tramitación do proceso, razón pola que o proceso continúa contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Purificación Rojo Torrado, os cales foron declarados en rebeldía.

Debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta polo procurador Juan Manuel Leis Rial, en representación de Marina Capelo Esparís, e absolvo os demandados José Llamas Pereira, María Alcira Suárez Costa, José Ramos Martínez e herdeiros descoñecidos e incertos de Purificación Rojo Torrado, con expresa imposición das custas á demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes coa expresa indicación de que é susceptible de recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se preparará por escrito ante este xulgado, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que sirva de cédula de notificación en legal forma a Purificación Rojo Torrado, en situación de rebeldía procesual, expido e asino este edicto en Corcubión o 27 de novembro de 2002. Rubricado.

O secretario

Rubricado