Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 624

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002 relativa á provisión por libre designación do posto de xefe do Servicio de Informática da Administración do Parlamento de Galicia.

Antecedentes.

l. No Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 11 de outubro de 2002, publicouse a convocatoria e as bases para a provisión do referido posto de traballo.

2. Dentro do período hábil aberto presentáronse cinco solicitudes, que foron estudiadas e cualificadas pola comisión avaliadora constituída por acordo da Mesa do Parlamento do 22 de novembro.

3. A súa proposta unánime foi aceptada pola Mesa do Parlamento o día 2 de decembro, reunión na que foi seleccionado para o referido posto de traballo D. Jorge Remuiñán Suárez.

Motivación.

Primeira.-Na selección do funcionario competente para ocupa-la praza vacante tivéronse en conta a súa titulación de enxeñeiro de telecomunicacións e a súa pertenza ó corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información, grupo A, tanto da Administración central como da Administración autonómica, a súa acreditada experiencia profesional e maila súa idoneidade en relación coas funcións asignadas ó devandito posto de traballo.

Segunda.-No expediente administrativo tramitado queda constancia de que no funcionario seleccionado concorren os requisitos esixidos e que a súa formación e experiencia se axustan ás especificacións subliñadas nas bases da convocatoria. Así mesmo, incorpórase ó expediente o informe favorable da Oficialía Maior, centro ó que se adscribe o posto de traballo convocado.

Nomeamento.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do día 13 de decembro de 2002, no exercicio das facultades previstas no artigo 53 do Estatuto de persoal, e dentro do prazo establecido no artigo 16.2º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia), por unanimidade, acordou:

1º Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do Servicio de Informática da Administración parlamentaria e adxudicarlle o desempeño da praza a Jorge Remuiñán Suárez, funcionario de carreira do corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información, co rexistro persoal número 3277865135A1166.

2º Determinar que a toma de posesión se axustará ó disposto nos puntos quinto e sexto das bases da

convocatoria. Acto seguido, causará alta no Servicio de Informática dependente da Oficialía Maior, centro directivo do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Mesa do Parlamento no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia. De non se formular recurso de reposición ou contra a súa resolución expresa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta publicación.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia