Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 608

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación dos servicios nas piscinas cubertas das Travesas, de Lavadores e de Teis e nos ximnasios municipais do Berbés e As Travesas.

1. Entidade que adxudica: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

Obxecto do contrato: descrición: prestación de servicios técnicos docentes de monitores e profesores para imparti-las ensinanzas deportivas, o servicio de socorrismo, atención e control dos usuarios, así como os de limpeza, conservación, mantemento e vixilancia nas piscinas cubertas de Travesas, Lavadores e Teis, así como a prestación dos servicios de profesionais técnicos docentes, monitores e profesores para impartir distintas ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios das instalacións municipais do Berbés e Travesas.

2. Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous anos e prórroga por anualidade de dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxencia.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 2.292.000 euros.

5. Garantía provisional: 24.640 euros.

6. Obtención de documentación e informacióin: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 29 10 41.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo U. Contratos de servicios, subgrupo 7, categoría D.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación das ofertas: prazo: ata o día 28 de febreiro de 2003.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: tera lugar no Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, e ante a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes.

Data e hora: 10 horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un límite de 1.500 euros.

Vigo, 2 de xaneiro de 2003.

Santiago Domínguez Olveira

Presidente do Instituto Municipal dos Deportes