Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de novembro de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico nomeado Álabe-Leste.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º del Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de novembro de 2002, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado parque eólico Álabe-Leste.

2º.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de novembro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Ourol e O Valadouro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas