Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 566

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 1/2003, do 16 de xaneiro, polo que se dispón que cese José Cuíña Crespo como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, José Cuíña Crespo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente