Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

EDICTO.

A Alcaldía-Presidencia aprobou o prego de cláusulas que rexerá o concurso para contratar, por procedemento aberto, a tramitación ordinaria da subministración de materiais para as obras do plan base para o ano 2002.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Gudiña, avda. Beato Aparicio, nº 76, 32540 A Gudiña. Teléfono: 988 59 40 06. Dependencia que tramita o expediente: secretaría, onde se poderá obter copia do prego de condicións.

2. Obxecto do contrato: a subministración de materiais para as obras do plan base/2002, segundo os respectivos proxectos técnicos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prezo: o prezo non se sinala, debe ser ofertado polos licitadores para cada artigo que se relaciona no anexo do prego de cláusulas administrativas no que estará comprendido o IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 1.202 euros.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP e no DOG. Se o último día fose inhábil o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

7. Apertura de ofertas: ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

Isto faise público para dar cumprimento ó establecido no artigo 326 da Lei 3/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

A Gudiña, 2 de decembro de 2002.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde