Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 552

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 6 do grupo I (titulado/a superior psicólogo/a) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 6 do grupo I (titulado/a superior psicólogo/a), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal I-B a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal I-B dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 6 do grupo I (titulado/a superior psicólogo/a), publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 6 do grupo I (titulado/a superior psicólogo/a) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Promoción interna

Nome e apelidosFase

oposición

Fase

concurso

Total

puntuacións

Teijeiro Bello, José Manuel373,5440,54

González González, Mª Dolores33,27,3140,51

Nome e apelidosFase

oposición

Fase

concurso

Total

puntuacións

Castro Gómez, Roberto35,24,1339,33

Fernández Feáns, Rosario30,22,1332,33

Rivas Rodríguez, Marta300,5630,56

Acceso libre

Nome e apelidosFase

oposición

Fase

concurso

Total

puntuacións

Dean Fernández, Mª Lourdes36,51551,5

Martín Rodríguez, Francisca37,112,1249,22

Riveira Baamonde, Mª Paz Raquel32,81547,8

Pantín Iglesias, Mª Begoña27,71542,7

Álvarez Lorente, Mª Teresa31,510,5442,04

Chao Villarino, Ana María*28,36,1634,46

* Persoa que accede pola quenda de discapacitados.