Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2003 Páx. 511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de decembro de 2002 pola que se adscribe con carácter definitivo ó instituto de educación secundaria Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña) a María Amelia Peralta Bejarano.

Na oferta inicial de ensinanzas de educación postobrigatoria trasládanse as ensinanzas de formación

profesional familia química do IES de Leixa ó IES Concepción Arenal de mesma localidade.

O Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, establece na súa disposición adicional décimo cuarta que, nos casos en que se produza un cambio de ensinanzas desde un centro a outro, os profesores das especialidades afectadas quedarán adscritos ó novo centro, mantendo para tódolos efectos a antigüidade que posuían no centro de orixe.

Extinguidas as ensinanzas de formación profesional da familia química no IES de Leixa e implantadas no IES Concepción Arenal-Ferrol, procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no instituto de educación secundaria Concepción Arenal de Ferrol, do profesorado do instituto de educación secundaria Leixa afectado.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-A profesora de ensino secundario Mª Amelia Peralta Bejarano, DNI 34907558, disciplina análise e química industrial (590102), procedente do IES Leixa, queda adscrita definitivamente no instituto de educación secundaria Concepción Arenal de Ferrol.

Segundo.-A adscrición á que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 1 de setembro de 2002.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria