Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, polo que se lle dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma, de Juan Miguel Martínez Sánchez, veciño de Lugo.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Lugo, por auto dictado o 14 de novembro de 2002, declarou á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira legal dos bens de Juan Miguel Martínez Sánchez, veciño de Lugo.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, que regula a sucesión intestada en favor da Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega e 4.1º b) do Decreto 312/2000, do 28 de decembro, pola que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Juan Miguel Martínez Sánchez, veciño de Lugo, falecido o 3 de febreiro de 1998, formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, rúa Varsovia nº 4 C, 1ª planta oficina 7N de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA