Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2003 Páx. 484

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 30 de decembro de 2002, da División de Recursos Humanos, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 30 de decembro de 2002, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde na categoría de psicólogos clínicos na área sanitaria de Burela (Lugo).

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia no taboleiro de anuncios da Dirección Provincial do Sergas de Lugo, e nos centros sanitarios da área de Burela, así como o modelo normalizado de solicitude que figura como anexo da resolución.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais e empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos