Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación de cambio de instructor e da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-02/153 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o cambio de instructor do expediente sancionador de referencia; noméase a Pilar Pita Ponte, que pode ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes; comunícaselle que ten á súa disposición o expediente para examinalo no Servicio Técnico jurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 16 de decembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-02/153.

Denunciado: Laurentino Seoane Portela.

Último enderezo coñecido: Travesía de Vigo, 150-1º A, 36207 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.