Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2003 Páx. 455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a redacción do proxecto e execución da obra de ampliación e adaptación da actual Casa do Concello de Culleredo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución da obra de ampliación e adaptación da actual Casa do Concello de Culleredo (A Coruña).

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución:

-Presentación do proxecto de execución: 1 mes.

-Execución das obras: 15 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo estimado de licitación: 2.103.542,37 euros, IVE incluído.

7. Fianza provisional: 42.070,84 euros.

8. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4, 6 e 9, categoría d.

10. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

11. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

12. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

13. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9 a 14 horas, sábados de 9 a 13 horas.

14. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

15. Gastos de anuncios: aproximadamente 987 euros.

Culleredo, 2 de xaneiro de 2003.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación