Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/357).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. r/ Río Eume, nº 5.

Situación: Pontedeume.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo y con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 183 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T. Ricardo Sánchez e final no C.S. asilo.

Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Eume, nº 5. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña