Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 2 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Andrés Conde Medín a resolución do expediente sancionador 132/02ID, iniciado por Acordo do 24 de maio de 2002, por infracción á lexislación sobre identificación bovina.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 132/02ID dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo. Contra esta resolución poderá interpoñer

recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de estar conforme con esta resolución, para o pagamento da sanción imposta deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla 70-baixo 1º.

Lugo, 2 de decembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 132/02ID.

Denunciado: Andrés Conde Medín.

DNI: 32116316.

Último enderezo coñecido: Recimil-Poutomillos-Lugo.

Feitos imputados: non identificar 26 bovinos no prazo máximo establecido pola lexislación vixente.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 3 e 6.4º do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina (BOE do 6 de outubro), modificado polo R.D. 197/2000, do 11 de febreiro (BOE do 15-2-2000).

Precepto sancionador: artigo 17 do R.D. 1980/1998 e artigos 6.4º e 10.1º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria (BOE do 15 de xullo).

Cualificación da infracción: leve.

Sanción imposta: 390,78 euros.

Motivo da publicación: ausente no reparto e devolto polo servicio de correos por transcurso do tempo de espera en lista.