Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. Gulpilleiras-Tras do Pazo, no concello de Coles. (Expediente IN407A 01/138-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Batundeira nº 2 Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia; resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por acordo do 8 de xaneiro de 2002 desta delegación provincial, publicada no DOG do 13 de febreiro, no BOP de Ourense do 19 de febreiro e no xornal La Región do 13 de febreiro, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Gustavo Santiago Valencia, como cotitular, xunto cos seus irmáns Ramón Cástor e Xosé Luis, dos predios nº 4 e 7 da relación de afectados, solicita diversa información sobre o trámite administrativo e o xeito de afección polas servidumes da instalación eléctrica ás súas propiedades.

Francisco Álvarez Yebra, titular do predio nº 1 solicítaa, por entender que se dan no presente caso as circunstancias que establece o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, unha modificación no trazado da liña eléctrica.

Terceiro.-Na tramitación do expediente cumpriuse co trámite de información a outras administracións públicas, previsto no artigo 127 do citado real decreto, e o proxecto, coas modificacións introducidas pola variante presentada pola empresa o 26-9-2002, ten as características técnicas básicas seguintes:

Liña aérea, a 20 kV, de 622 m en conductor LA 56 e apoios de formigón, con orixe en apoio proxectado da L.M.T. ó C.T. de Fontefiz e final no C.T. aéreo proxectado en Gulpilleiras, de 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

Liña de baixa tensión, de 905 m, en conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Orzamento: 35.647,44 A.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que obra no expediente, queda de manifesto que:

1º Con relación ás alegacións realizadas por Gustavo Santigao Valencia cabe dicir que tomamos nota da titularidade compartida cos seus irmáns e que na nosa comunicación do 20-1-2002 xa se informaba ós afectados dos trámites deste procedemento e das afeccións particularizadas para cada un dos predios, o que tamén sinalará a cada afectado o día de actas previas, no propio terreo, o perito da Administración.

2º Coa variante, antes aludida, presentada pola empresa eléctrica para o punto de entrocamento, que pasa a situarse en terreos da Finca Fontefiz, quedan desafectados os predios que se sinalan na relación na relación de afectados cos números 1 e 1a. Con isto estímanse en parte as alegacións de Francisco Álvarez Yebra, rexeitando outros trazados non considerados polo proxectista de acordo co artigo 4 do Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, que ademais xerarían novas afeccións non incluídas no presente expediente.

Terceiro.-O proxecto, coas modificacións introducidas para atende-los condicionados impostos polos organismos afectados e para cumprir co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, no que se refire a limitacións á constitución de servidume de paso, recibiu o informe favorable polos servicios técnicos desta delegación provincial e foi comprobada sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada.

Cuarto.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, as instalacións e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos necesarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. Gulpilleiras-Tras do Pazo, situadas no concello de Coles, coas modificacións sinaladas no proxecto presentado o 26-9-2002, antes mencionadas.

2º Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do

sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3º Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 29 de novembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL