Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 324

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DAS PATEIRAS, BERTAMIRÁNS (AMES)

ANUNCIO.

Na sesión extraordinaria do Consello Rector da Xunta de Compensación do 27 de decembro de 2002, acordouse someter a información pública o proxecto de compensación reformado, aprobado definitivamente polo Concello de Ames na sesión da Comisión de Goberno do 17 de outubro de 2002, conforme os artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individual ós interesados, para os efectos de inmatriculación de predios e excesos de cabida (artigo 8 do R.D. 1093/1997) e para que durante o prazo de vinte días poidán presentarse as alegacións oportunas sobre o contido do devandito proxecto.

Bertamiráns, 27 de decembro de 2002.

Carlos Abal Lourido

Secretario da Xunta de Compensación

das Pateiras, Bertamiráns (Ames)