Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 265

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 17 de decembro de 2002 pola que se modifican determinadas ordes de creación de ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que «a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos».

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

As ordes do 27 de xullo de 1994 (DOG nº 146, do 30 de xullo) e 25 de xaneiro de 2002 (DOG nº 38, do 21 de febreiro) crearon determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde, ó abeiro do disposto na Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado de datos de carácter persoal e, con posterioridade, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal que veu substituí-la anterior.

A conveniencia de adapta-los ficheiros creados polas citadas ordes ás novas necesidades e ó cambio lexislativo operado na materia xustifica a súa modi

ficación, cancelando, no presente caso, os ficheiros que deixaron de ser útiles ou sexan substituídos por outros novos.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a modificación das ordes do 27 de xullo de 1994 e 25 de xaneiro de 2002 polas que se crearon determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde, suprimindo os ficheiros que se relacionan no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-Destino.

1. Os datos de carácter persoal que se suprimiron segundo o disposto no artigo anterior, agás o ficheiro de Utilización Terapéutica da Eritropoetina, foron incluídos dentro dos de Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública e o do Sistema de Información e Vixilancia de Puntos de Risco para a Saúde Pública, ficheiros existentes na Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde e nos centros dependentes deste, referenciados no anexo.

2. Os datos do ficheiro denominado Utilización Terapéutica da Eritropoetina serán destruídos, xa que a finalidade para a que foi creado rematou coa supresión do comité asesor para a utilización da eritropoetina o 13 de abril de 1998.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de centros nos que se procede a dar de baixa os ficheiros referenciados:

CentroFicheirosCódigo inscrición

APD

Ficheiro existente que o inclúe

Dirección Xeral de Saúde PúblicaEstudios epidemiolóxicos e de saúde pública1952910108Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro nominal de detección precoz de enfermidades endócrino-metabólicas (Metabolopatías)1952910109Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro de nenos vacinados1952910110Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro de VIH/SIDA1952910111Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Enfermidades de declaración obrigatoria individualizada1952910112Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro nominal de casos de tuberculose1952910113Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

CentroFicheirosCódigo inscrición

APD

Ficheiro existente que o inclúe

Datos antropométricos e xestacionais de defuncións ocorridas no período perinatal en Galicia1952910114Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro de tumores2021260291Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Detección xordeira2021260290Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Prevención cancro de mama2021260293Sistema de Información e Vixilancia de Problemas de Saúde Pública

Rexistro Xeral Sanitario de Industrias1952910102Sistema de Información e Vixilancia de Puntos de Risco para a Saúde Pública

Restauración colectiva1952910103Sistema de Información e Vixilancia de Puntos de Risco para a Saúde Pública

Plan Nacional de Investigación de Residuos en Carnes e Animais (PNIR)1952910105Sistema de Información e Vixilancia de Puntos de Risco para a Saúde Pública

Censo de cemiterios de Galicia1952910106Sistema de Información e Vixilancia de Puntos de Risco para a Saúde Pública

Dirección Xeral de Organización SanitariaUtilización terapéutica da eritropoetina1952910101