Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario (edificios situados na rúa Ramón Puga, 52, de Ourense) (C.P. 5/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto

refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publiciade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, número 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 5/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario de Ourense (edificios situados na rúa Ramón Puga, 52, de Ourense).

b) Datas de publicación: Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 12-6-2002; Boletín Oficial del Estado: 18-6-2002; Diario Oficial de Galicia: 26-6-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 5.220.000 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de novembro de 2002.

b) Adxudicatario: Mantenimiento y Conservaciones Ibéricas, S.L. (Maconsi).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 5.208.000 euros (IVE incluído).

e) Período de execución do contrato: 2 anos.

6. Data de envío do anuncio: 5 de decembro de 2002.

7. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 21 de novembro de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense