Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/341).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15-Vimianzo.

Denominación: variante L.M.T.A. e R.B.T.A en Rens e A Biqueira.

Situación: Laxe.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T. a C.T. Señoráns en LA-.56 e 128 m de lonxitude e rede de baixa tensión do C.T. Señoráns, lugares de Rens e A Biqueira de 1.725 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Laxe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña