Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunican as resolucións dos expedientes sancionadores E.S. 13/2002 seguido a José Luis Prego Gago, DNI: 32385339-M, e E.S. 148/2001-C, seguido a Estar Decoración, S.L.

Notifícase ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións das resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial de Industria e Comercio da Coruña, dictadas nos expedientes que se citan no anexo.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado do día seguinte ó da publicación deste acordo, para interpoñeren recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e poden examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, edificio administrativo Monelos, 1º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: E.S. 13/2002.

Denunciado: José Luis Prego Gago, avda. Meicende, 61-1º Arteixo.

Feito denunciado: exercer actividades sen autorización.

Precepto infrinxido: Lei de industria 21/1992, do 16 de xullo, artigo 31.3ª.

Precepto sancionador: artigo 34.a) Lei 21/1992.

Sanción: 1.000 A.

Expediente: E.S. 148/2001-C.

Denunciado: Estar Decoración, S.L. Alcalde Marchesi, 31-B, A Coruña.

Feito denunciado: venda en rebaixas.

Precepto infrinxido: Orde do 29-11-1996, artigo 1, Lei 7/1996, do 15 de xaneiro de O. Comercio Minorista, artigo 64.c).d).

Precepto sancionador: artigo 46.1º da Lei 10/1998, comercio interior de Galicia.

Sanción: 150 A.