Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 244

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de doce postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, anunciada por orde desta consellería do 13 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 184, do 24 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, mediante Orde do 13 de setembro de 2002 (DOG nº 184, do 24 de setembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de doce postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, anunciada pola Orde do 13 de setembro de 2002 (DOG nº 184, do 24 de setembro).

Segundo.-Adxudicarlles destinos, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo I a esta orde.

Terceiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo II a esta orde.

Cuarto.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seus destinos os funcionarios están desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Quinto.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

ANEXO I

DNI ou NRPGrupoApelidos e nomeCódigo do postoDenominaciónNivelCentro destinoLocalidade

3239273657 A2059DMartínez Sánchez de Neyra, María LuisaAS.C99.10.000.15001.001Secretario/a do delegado/a16Delegación Provincial da CoruñaA Coruña

09693958A1146DMaría del Carmen García PeleteiroAS.C99.10.000.27001.001Secretario/a do delegado/a16Delegación Provincial de LugoLugo

7635389157 A2059DOtero Vilar, José MaríaAS.C99.10.000.27001.111Xefe de Negociado de Habilitación18Delegación Provincial de LugoLugo

3494954368 A2059DGonzález Masid, Ana MaríaAS.C99.10.000.32001.001Secretario/a do delegado/a16Delegación Provincial de OurenseOurense

3491755735 A2051BSelas Souto, JoséAS.C99.10.000.32001.100Secretario/a provincial28Delegación Provincial de OurenseOurense

3608318224 A2053CRouco Fernández, ÁngelesAS.C99.10.000.36560.001Secretario/a do delegado/a16Delegación Provincial de PontevedraPontevedra

3607885402 A2060ALesmes Romero, YolandaAS.C99.10.000.36560.100Secretario/a provincial28Delegación Provincial de PontevedraPontevedra

3601400713 A2053CSoto Soto, TeresaAS.C99.10.000.36560.111Xefe de Sección de Habilitación24Delegación Provincial de PontevedraPontevedra

3494408513 A2060ARodríguez Enríquez, José ManuelAS.C99.10.000.36560.120Xefe de Servicio de Axudas e Programas28Delegación Provincial de PontevedraPontevedra

A45EC039812BLois Calviño, José LuisAS.C99.10.000.36560.135Xefe de Servicio de Apoio e Seguimento26Delegación Provincial de PontevedraPontevedra

33.252.321IIDomínguez Otero, MartaAS.C99.40.302.36001.001Director administrador25Residencia de Maiores de PontevedraPontevedra

ANEXO II

DenominaciónCódigoNivelComplem.

específico

Gr.Corpo/

Escala

Adscr.

adm. p.

Tit.

acad.

Form.

espec.

Centro destinoLocalidade

Xefe de Servicio de Xestión EconómicaAS.C99.10.000.36560.110289.127,20ABXeralA11640Deleg. Prov. VigoVigo