Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto con trámite de urxencia e como gasto anticipado, dun contrato de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002/12/1554.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicios formativos de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

b) División por lotes e número: 4 lotes.

-Lote 1: instructor de mergullo profesional.

-Lote 2: instructor de mergullo profesional.

-Lote 3: instructor de mergullo profesional.

-Lote 4: instructor de mergullo profesional.

c) Lugar de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e como gasto anticipado.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 142.000 euros.

-Lote 1: 35.500 euros.

-Lote 2: 35.500 euros.

-Lote 3: 35.500 euros.

-Lote 4: 35.500 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.30.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2157

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS