Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dos recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00525-O-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan nel.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, e de non facelo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

XC-00525-O-2001

C-3133-CC

G.C. de Tráfico

Manuel Enrique Caamaño

Vidal

Pza. da Constitución, 26-2º

15270 Cee (A Coruña)

Circular cun auto turismo, transportando mercadoría distinta da autorizada. No taxi ocupan 3 pasaxeiros. No remolque pesado transporta mercadoría con carga útil 1.000 kg, cadeiras, varias caixas cartón con precinto adhesivo descoñecendo o seu contido.

23-12-2000; 21.15; N-547; 87

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300,51 eurosInadmisible