Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 140

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de decembro de 2002 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profe

sional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estea nesta comunidade autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, se considerará favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Denominación: Servicio de Formación e Participación Xuvenil.

Código: FA.C06.00.002.15770.016.

Nivel: 28.

Compl. específico: 10.865,64.

Gr.: AB.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. adm. p.: A11.

Tit. acad.:

Formación específica: 640.

Obs.:

Centro destino: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Servicio de Cooperación.

Código: FA.A01.00.000.15770.018.

Nivel: 28.

Compl. específico: 10.865,64.

Gr.: AB.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. adm. p.: A11.

Tit. acad.:

Formación específica: 640.

Obs.:

Centro destino: Servicio Galego de Promoción da Igualdade Home/Muller.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: secretario/a.

Código: FA.A01.00.000.15770.010.

Nivel: 30.

Compl. específico: 14.777,52

Gr.: A.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. adm. p.: A11.

Tit. acad.:

Formación específica: 523-640.

Obs.:

Centro destino: Servicio Galego de Promoción da Igualdade Home/Muller.

Localidade: Santiago de Compostela.

Adscrición a administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica:

523: diploma de directivo.

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 139.