Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 18 de decembro de 2002, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso de subministración por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: subministración de fertilizantes para a granxa provincial Gayoso Castro.

3. Orzamento: vintetrés mil cento cincuenta e catro con oitenta (23.154,80 euros).

4. Duración do contrato: ano 2003.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 289, do 18 de decembro de 2002.

Lugo, 18 de decembro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo