O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:
Obxecto: acondicionamento da urbanización O Valiño (Nós).
Orzamento de licitación: 842.724,43 euros.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4 categoría c.
Grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianzas: provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Taxas do contrato: 65,43 euros.
Prazo de execución: doce meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 17 de decembro de 2002.
Esther Pita Pita
Alcaldesa