Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 25

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-450).

Por resolución desta alcaldía 5.665/2002, do 2 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización relativo ó SUNP D-28-R O Graxal I, no Seixo-Liáns, tramitado por Parque Santa Cruz, S.L.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 16 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta