Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.132

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Obxecto: subministración de software para a xestión da publicidade de TVG, S.A. e RTG, S.A. (Expediente 21234C).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitadas na dirección de correo electrónico: sercom*crtvg.es

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente Económico-Administrativo da

Compañía de Radio-Televisión de Galicia