Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

1. Delimitación, deslinde e marcaxe do dominio público hidráulico en 25,10 km do río Sar (T.M. Padrón e outros-A Coruña).

Clave: OH.088.178/AT.

Adxudicatario: Proyecto y Control, S.A. (Pycsa).

Orzamento: 287.668,55 A.

2. Redacción do proxecto constructivo: actualización da segunda fase do saneamento integral de Gondomar.

Clave: OH.336.521/AT.

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería Orense, S.L.

Orzamento: 240.000 A.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE