Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 31 de decembro de 2002 Páx. 18.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organización do stand institucional da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia no certame feiral que se vai celebrar no ano 2003 en Polfish: (Gdansk, Polonia, do 27 ó 29 de maio).

División por lotes e número:

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinte mil euros (120.000 A).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 62 93), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición: grupo L, subgrupos 5 ou grupo U, subgrupo 7, categoría B.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do décimo quinto día natural do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10 horas do décimo sétimo día do seguinte ó da publiciación deste anuncio.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS