Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/406-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Xeneral Budiño-Salceda de Caselas, treito Budiño-As Gándaras.

Situación: concellos de Salceda de Caselas e O Porriño.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.694 m de lonxitude, con conductor LA-180, sobre apoios metálicos, desde a torre C-9000/22 intercalado na actual L.M.T. Budiño-Salceda de Caselas ata o apoio C-3000/22 (N. 16 do proxecto). A instalación está situada en Budiño e Parderrubias, nos concellos de Salceda de Caselas e O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra