Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.984

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 25 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 9 de maio), sobre a publicación da puntuación da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2002 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG número 89, do 9 de maio), acordouse, de conformidade co establecido nas bases II.1.2 da convocatoria, publica-la puntuación obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron a fase de oposición. A devandita puntuación figura como anexo á presente resolución.

Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Carlos Gómez Martínez

Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Fase de concurso. Listaxe provisional de valoración de méritos.

Apelidos e nome: Pérez Rodríguez, Jesús Javier.

DNI: 11.078.626-D.

II.1.2.1: 0,000.

II.1.2.2: 0,000.

II.1.2.3: 0,000.

II.1.2.4: 0,000.

Total: 0,000.

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Fase de concurso. Listaxe provisional de valoración de méritos.

Apelidos e nome: Pernas Verdugo, José Javier.

DNI: 33.833.272-L.

II.1.2.1: 0,000.

II.1.2.2: 17,500.

II.1.2.3: 0,000.

II.1.2.4: 0,000.

Total: 17,500.