Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.983

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, pola que se ordena a publicación da relación de aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo.

Unha vez concluída a fase de oposición e elevada a definitiva a puntuación da fase de concurso, en sesión realizada o 18 de decembro de 2002, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) escala de topógrafos, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co establecido na base IV da convocatoria, elevouse á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, que figura como anexo á presente resolución, que agora se publica.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base IV da convocatoria e é o que figura no anexo, que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Manuel González Torres

Presidente do tribunal

ANEXO

Apelidos e nomeDNIConcursoTotal

Martínez Pardo, Olga Mª76573751-N16,1312--104,642,73

Pino Martínez, Isabel María del03790443-C11,8112--8536,81

Leivas Montero, Iván33327278-W13,4012--10035,40

Valdés Peña, Gumersindo Amalio76808230-Y12,2712Apto7,5031,77