Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.961

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1327/2002, do 13 de decembro, sobre determinación do custo efectivo correspondente ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, en materia de ensino non universitario (profesorado de relixión).

A Constitución, no artigo 149, reserva para o Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Cons

titución, a fin de garanti-lo cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 que corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia plena para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e leis orgánicas que, conforme o artigo 81.1º dela o desenvolvan, e sen prexuízo das facultades que atribúe ó Estado o artigo 149.1.30.a e da alta inspección para o seu cumprimento e garantía.

Polo Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, foron ampliadas as funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de profesorado de relixión, quedando pendente a fixación do custo efectivo correspondente a este profesorado, a integrar no sistema de financiamento, a que concluíse o período de equiparación retributiva a que se refire o artigo 93 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social. Esta circunstancia produciuse o ano 2002.

Finalmente, o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regula a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 26 de novembro de 2002, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do Ministerio de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se determina o custo efectivo correspondente ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensino non universitario (profesorado de relixión), adoptado polo Pleno da dita comisión na súa reunión do día 26 de novembro de 2002, e que se trascribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, a valoración do custo efectivo obxecto deste acordo, para efectos da revisión do

fondo de suficiencia, terá efectividade a partir da data sinalada no anexo ó presente real decreto.

Disposición derradeira

Única.-Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, trece de decembro de dous mil dous.

Juan Carlos R.

Javier Arenas Bocanegra

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Juan Palacios Benavente e Pedro Puy Fraga, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, celebrado o día 8 de outubro de 1999, se adoptou un acordo sobre traspaso de funcións e servicios en materia de ensino non universitario, no que se prevía que, unha vez concluído o período de equiparación retributiva a que se refire o artigo 93 da Lei 50/1998, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, se aprobase o correspondente acordo relativo ó importe do custo efectivo do profesorado de relixión, a integrar non sistema de financiamento das comunidades autónomas, e a conseguinte modificación do fondo de suficiencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta circunstancia produciuse no ano 2002.

Concluído o período de homologación, a Comisión Mixta de Transferencia Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, celebrada o día 26 de novembro de 2002, adoptou un acordo sobre a determinación do custo efectivo correspondente ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, en materia de ensino non universitario, relativo ó profesorado de relixión, nos termos que a seguir se indican:

A) Normas nas que se ampara o traspaso.

A Constitución, no artigo 149, reserva para o Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, a fin de garanti-lo cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 que corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, a competencia plena para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e espe-

cialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e leis orgánicas que, conforme o artigo 81.1º dela, o desenvolven, e sen prexuízo das facultades que atribúe ó Estado o artigo 149.1.30. e da alta inspección para o seu cumprimento e garantía.

Polo Real decreto 1838/1999, do 3 de decembro, foron ampliadas as funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de profesorado de relixión o custo do cal non se integrará no sistema de financiamento ata a equiparación ó 100 por cento das retribucións do persoal interino ó que se refire o artigo 93 da Lei 50/1998, de medidas fiscais, administrativas e da orde social. Esta circunstancia produciuse no ano 2002.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, unha vez producida a equiparación de retribucións, procede determina-lo custo efectivo da ampliación de medios en materia de profesorado de relixión, que debe integrarse no financiamento da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos fixados na Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía.

B) Valoración das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. O custo efectivo anual en euros de 2002, correspondente ó profesorado de relixión ascende a 10.049.461,25 euros.

2. A valoración provisional no ano base 1999 que corresponde ó custo efectivo anual dos medios que se traspasaron á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 8.206.991,6 euros. Esta valoración será obxecto de revisión nos termos establecidos no artigo 16.1º da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía.

3. Transitoriamente, en canto non se produce a revisión do fondo de suficiencia como consecuencia da incorporación a este do custo efectivo deste traspaso, o financiamento deste custo seguirase producindo mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estatuto dos distintos compoñentes do dito custo.

C) Data de efectividade do acordo.

A valoración do custo efectivo obxecto deste acordo, para efectos da revisión do fondo de suficiencia, terá efectividade a partir do 1 de xaneiro de 2003.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Santiago de Compostela o 26 de novembro de 2002. Os secretarios da Comisión Mixta, Juan Palacios Benavente e Pedro Puy Fraga.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA