Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 4/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 9 de decembro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento de Plan parcial para o desenvolvemento dunha actuación urbanística no lugar de Penasquedo, A Zapateira, promovida pola Comisión Xestora constituída para o desenvolvemento do plan parcial, coa condicións de que, previo á súa aprobación definitiva, o promotor do documento emende cantas indicacións se recollen no informe técnico municipal do 2 de maio de 2002.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o documento que contén o plan parcial e o expediente administrativo, anun

ciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

Terceiro.-Notificarlles este acordo ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 13 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo