Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina e informático non inventariable para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 10/2002 SX).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 241, do luns, 16 de decembro de 2002, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Na páxina 17.291, na columna da dereita, onde di: «... Juan Rodríguez Yuste conselleiro de Industria e Comercio», debe dicir «... P.D. (O. 20-12-2001, DOG. núm. 250) Jesús Vázquez San Luis secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio».